TARTARUGAS TEAM
martes, 8 de mayo de 2012
crónica final
Boas tardes a todos:
Para non perder os bos (creo) costumes vouvos pasar unha pequena crónica do fin de semana pasado(rafa):
O venres ás duas e media da tarde cinco dos membros do Tartarugas Team (David, Loreto, Toñito, Pachicho e mais eu) collemos en Santiago o avión rumbo a Barcelona, onde recolleremos o sexto componente do equipo (Luis, que forma parte do equipo de apoio xunto con Pachi). Despois nos diriximos en "fregoneta" a Olot, onde temos a saída da proba. Unha vez recollidos os dorsais e chips, marchamos a cear (“butifarrada” a cargo da organización) e despois a durmir (o que poida, por que eu non peguei ollo… buuffff).
Ás once da mañán, cun ambientazo tremendo, dase a saída, ao final fomos 285 equipos os que conseguimos acadar os 1.500 euros de recadación mínima para poder participar, polo tanto somos darredor de 1.200 participantes. A esas horas da mañán xa comeza a apretar a calor, ainda que ás veces corre un ventiño que se agradece moito. Nos primeiros kilómetros a xente vai moi animada e rápida, creo que salvo que teñas moi boa preparación nunha proba tan longa debes ser moi prudente e non consumir forzas inútilmente… O percorrido é moi chan e todo de terra por unha vía verde (antigas vías de tren) o que invita a correr e apurar o paso porque prácticamente non ten desniveis… No noso caso poñemos un ritmo continuo darredor de 6 kilómetros hora.
No primeiro avituallamento importante comprobamos a importancia do equipo de apoio: mesas, sillas, barreños de auga para metelos pes, incluso masaxes… hai equipos que veñen en autocaravanas cun desplegue de medios impresionante… nos somos algo mais modestos, pero resultou todo moi ben planificado… nesta primeira parada (xa é a hora de comer) tomamos a decisión de non botar moito tempo para irnos adiantando a outros equipos, porque a estas alturas ainda resulta algo agobiante a cantidade de xente que hai… polo tanto comeremos no seguinte punto de control, unha decisión moi acertada da mente pensante do equipo, David, que ten todo planificado, paradas, comidas, ceas… moi, moi, ben… Imos facendo kilómetros co noso ritmo de cruceiro de case 6 kilómetros hora, eu, como ben sendo habitual, comezo a ter problemas dalgunha ampolla, vai tocar sufrir, coma sempre, nota mental, teño que ir pensando en solventar este problema para futuros retos (si é que ten solución)… En cada control de paso e avituallamento toca comprobar as plantas dos pes, botar vaselina e poñer compeed… o que acostumamos a chamar “chapa e pintura”…
A cea está prevista en Girona, no kilómetro 56, xa levamos mais da metade da proba feita e agora comeza a noite e hai que ir descontando os kilómetros de cara ao final. A noite como estaba prevista vai ser moi, moi, longa, e fría, baixou moitisimo a temperatura e hai que abrigarse (camiseta de manga larga e cortaventos)… ademais das ampollas teño un problema na parte traseira da rodilla esquerda que me doe e me fai camiñar mal… De aquí en diante xa case non coincidimos con ningún equipo, e os que hai van sen moitos dos seus membros, tres, dous ou incluso un compoñente… a noite faise moi longa e monótona, agradecese moitísimo algo de charla para animar o percorrido, porque resulta moi, moi aburrido… pero a estas alturas tampouco se está para moitas alegrías… aquí é onde o equipo de apoio volta tomar importancia, o noso compañeiro Pachicho se encargou nunha das etapas de facernos a noite mais agradable contando algunas das suas “batalliñas”… e ten unha chea, e moi interesantes todas…moitas gracias meu amigo.
Cando remata a noite e comeza o día xa temos a proba case rematada, ainda que coma sempre ocurre nestas probas tan longas os derradeiros kilómetros son eteeeeeernos… as plantas dos pes van mazadas, as ampollas molestan a cada paso, as rodillas se queixan, a cadeira protesta… pero a cabeza vaiche dicindo, esto xa está rematado, só falta un pouquiño, veña, veña, aguanta, unha horiña mais… hai que resistir un pouquiño mais…
E ás 9 da mañán (unha hora antes do tempo estimado por David) e despois de percorrer 100 kilómetros (algo mais según o GPS) e de estar 22 horas camiñando chegamos ao tan ansiado San Feliu de Guixols!!!!! (por certo sitio ben feo… agardaba algo mais bonito)
Despois das pertinentes fotos e de desfrutar o momento toca darse unha ducha (a entrada na piscina, onde están as duchas, é de película… de terror… camiñamos coma zombis arrastrando as pernas…). Despois tiramos cara Barcelona, alí comemos algo e a coller o avión para Santiago. A verdade é que o fin de semana estivo moi, moi, ben “aproveitadiño”, pero a mín vaime costar moito traballo recuperarme… teño moito, pero moito, soño pendente… je, je, je
domingo, 6 de mayo de 2012
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)